CRTVG

Buscar

A Comisión Europea propón un fondo de solidariedade para salvar o emprego en España e Italia

Publicado o 01/04/2020 14:01

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, anunciou estea mañá a creación fondo europeo para axudar as empresas a través de subsidios públicos co obxectivo de que manteñan o emprego durante a crise do coronavirus.

Úrsula Von der Leyen explicou que a iniciativa está dirixida sobre todo a axudar a Italia e España, os países aos que a pandemia está golpeando dun xeito máis duro en Europa.

Este novo fondo vai levar o nome de SURE. Ao parecer, está inspirado no sistema alemán Kurzarbeit que protexeu o emprego durante a crise financeira de 2008.

O fondo SURE vaise constituír coas garantías públicas achegadas polo conxunto dos estados membros. Von der Leyen non desvelou e momento cal será o seu dotación, que podería chegar aos 100.000 millóns de euros, segundo o FT. A adopción formal por parte do Executivo comunitario terá lugar este xoves.

A presidenta da Comisión Euopea fixo este anuncio nun chío de Twitter onde tamén se solidarizou con España e Italia.