Bruxelas analizará a queixa de 2.500 xuíces españois que denuncian ataques á independencia xudicial
Publicado o 13/04/2021 16:28
Europa xa estuda a carta remitida por 2.500 xuíces que denuncian ataques á independencia xudicial en España. A Comisión Europea vai aproveitar unha visita dos funcionarios comunitarios a finais de mes para entrevistarse coas asociacións de xuíces e escoitar as súas queixas.
Na carta enviada a Bruxelas sosteñen que as reformas do Executivo español poñen en risco a separación de poderes. E as consecuencias desta denuncia poden ser graves, porque, segundo as normas europeas, se un país incumpre os principios fundamentais, a Unión pode condicionar a entrega dos fondos de recuperación.