CRTVG

Buscar

Bruxelas alerta sobre a cepa británica do coronavirus

Publicado o 15/01/2021 15:02

A comisaria de Saúde da Unión Europea di que a cepa británica, altamente contaxiosa, está tendo un impacto significativo en varios países europeos e asegura que a súa propagación debe deterse custe o que custe. En España, no Ministerio de Sanidade cren, en cambio, que a cepa británica terá un efecto moi pequeno. Son declaracións de Fernando Simón que explicou que o aumento de casos destes días non se pode achacar a esa variante.

De momento en España confirmáronse 88 casos desta cepa e hai outros 200 investigándose.

 

 

 

 

 

Noticias web

15/01/2021