CRTVG

Buscar

Brutal agresión dun home a un grupo de mulleres ás portas dun bar da Coruña

Publicado o 17/07/2019 09:35

Brutal agresión nas portas dun bar do Orzán na Coruña. Un home enfróntase a un grupo de mozas. Primeiro, pégalle unha puñada a unha delas pero a pelexa vai a máis, sen que ninguén a deteña.

Segundo se pode escoitar no audio, a discusión comezara antes. Elas acusárano de violar unha amiga, coa ameaza de denuncialo. Cruzan insultos, ata que comezan os golpes. As imaxes xa están no poder da policía, que investiga os feitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019