CRTVG

Buscar

Brutal accidente en Adeje, cunha muller morta

Publicado o 18/07/2019 08:43

Accidente mortal, e brutal, en Tenerife. Un camión atravesou a mediana, envorcou no outro carril e levou por diante tres coches e unha moto. A condutora dun dos turismos faleceu e a súa filla, de doce anos, está ferida grave. Tamén o motorista e o propio condutor do camión quedaron feridos. O sinistro ocorreu en Adeje, en Tenerife.

Noutro accidente, en Asturias, foi o camioneiro o falecido. Precipitouse por un desnivel de 25 metros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019