CRTVG

Buscar

Bruno Díaz: "Temos arroaces en toda Galicia desde o norte ata o sur"

Publicado o 16/08/2018 12:14

• Bruno Díaz: director do Instituto para o Estudo dol Golfiños Mulares

 

Os golfiños e arroaces son tan galegos como todos nós porque habitan nas nosas augas desde sempre”.

Os golfiños son mamíferos que viven no medio mariño, polo tanto sempre desatan unha curiosidade. Son animais máxicos que xa chamaban a atención na antiga Grecia. Os escritores clásicos xa falaban destes animais.

En certo modo creo que chaman a atención porque son mamíferos e viven na auga. Ademais, contactan con humanos no mar. O sorriso que teñen o saír da auga, os saltos.

Temos arroaces en toda Galicia desde o norte ata o sur. Sobre todo polas rías posto que teñen unha riqueza de peixe bastante alta. Hai algúns que viven sempre na mesma ría mentres que outros desprázanse dunhas a outras.

O arroaz pode alcanzar os 3 metros de lonxitude. Son como cabalos no mar.

Debemos ter en conta que os golfiños son animais salvaxes. Non debemos tocalos nin achegarnos moito a eles aínda que si observalos con prudencia. Son animais moi sociables que lles gusta estar en compañía.

Viven nun medio acuático, un medio acuático e un medio acústico. As femias emiten asubíos para que os bebés poidan recoñecelo no momento de nacer. Así sempre vai recoñecer a súas nai. A música, o son en xeral, cáusalles unha atracción particular porque se comunican por son.

Cando os vemos saltar habitualmente fano por xogar.

Aliméntanse de peixe de diferentes especies.

As especies como os arroaces están todo o ano.

Os golfiños poden ver ameazada a súa permanencia pola contaminación, polos plásticos, por capturas accidentais en aparellos de pesca, o tráfico marítimo...

A nai dun pequerrecho que acaba de morrer pasou xornadas levando a súa cría por encima dela.

Estamos atopando especies como a gran balea azul. Aínda a atopamos onte nas nosas augas. Estes exemplares poden medir desde 16 metros ata 26 metros. Verdadeiramente e impresionante. E fantástico que estén regresando.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2018