CRTVG

Buscar

Bruno Dacosta: "É un bo momento para aproveitar e adquirir un coche novo"

Publicado o 26/08/2019 10:32

Se están pensando en mercar un coche novo, esta semana é un bo momento. Os concesionarios están facendo importantes descontos, de ata un 40 por cento, pero para os coches máis contaminantes.

Bruno Dacosta, xefe de vendas dun grupo concesionario de Santiago de Compostela, dixo no Bos días que "esta semana esperamos ter esa afluencia de xente, e é verdade que temos descontos de ata un 30 e 40 por cento coa axuda do plan renove da Xunta".

A entrada en vigor da nova normativa de emisións, explicou Dacosta, "sería como unha segunda fase da que se puxo en marcha o ano pasado. Agora as probas de homologación serán máis esixentes, faranse en estrada, con condicións reais". "É certo que ata xaneiro de 2020 dipoñemos de tempo para a venda dese stock, pero este é un bo momento para aproveitar e adquirir un coche novo".

No sector agardan que isto sirva para dinamizar as vendas porque "levamos un ano complicado, comparado co 2018. Levan caendo todo o ano, e esperemos que isto nos axude a minimizar eses efectos", afirmou Bruno Dacosta.

O parque automobilístico galego ten entre os seus principais problemas o seu envellecemento, o que repercute en moitos aspectos: "Cremos que a clave é renovar o parque. Calquera coche que se venda hoxe contamina menos, vai ser máis seguro e é a clave", asegurou.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí