CRTVG

Buscar

Bruno Arias, ANEGA: "Non hai unha infraestrutura necesaria para impartir unha docencia telemática"

Publicado o 06/04/2020 10:27

Reunión clave dos reitores das tres universidades galegas coa conselleira de Educación para decidir como remata este curso. Os representantes dos alumnos xa trasladaron as súas porpostas á Consellería.

Os estudantes reclaman que non se rematen as clases de xeito telemático porque non todos os alumnos teñen acceso a Internet e ás tecnoloxías que se precisan para as clases telemáticas; os estudantes tamén pretenden que non se avalíen as materias que non se poden impartir presencialmente.

Bruno Arias, integrante da Asemblea Nacional das Estudantes Galegas, ANEGA, explica que "non hai unha infraestrutura necesaria para impartir unha docencia telemática, non somos unha universidade a distancia, aínda que os esforzos sexan colectivos e honestos".

Este integrante de ANEGA di que a proposta central do sindicato é "finalizar o curso aquí e dar por superadas as materias co contido que demos ata agora e co traballo que fixemos ata agora; dar aprobado xeral e que non conte nas medias".

De cara ás bolsas, a súa proposta é que "non exista un agravio comparativo entre os que poden acceder ás clases telemáticas e os que si, e que se manteñan as que hai e por iso creemos que non se debe avaliar, porque non condicións para avaliar con garantías; tamén que se reduzan sustancialmente as taxas e mesmo que se devolva a matrícula correspondente a este trimestre e ampliar bolsas para poder acceder ao estudo e a vivenda, porque se non so poderán continuar o estudo os que non lles afecte a este crise".

Como hai contidos que non se van impartir, os estudantes tamén reclaman unha comisión en que estean presentes os estudantes para avalirar "cales son os contidos fundamentais para a formación e os contidos fundamentais que se inclúan dentro do plan de estudos do ano que vén na medida que se poida, e os que non que se fagan cursos extraordinarios que non supoñan unha carga de traballo".

Noticias web

06/04/2020