CRTVG

Buscar

Andazo con 20 infectados no concello catalán de Igualada

Publicado o 12/03/2020 10:04

Cataluña decreta a pandemia en catro concellos da comarca da Anoia despois de detectar un andazo de coronavirus que ten o seu centro no hospital de Igualada. Hai 20 positivos, entre eles oito profesionais sanitarios, e están illados e en observación 250 contactos. Pecharon todos os centros escolares, desde garderías a universidades, centros cívicos e instalacións deportivas. Hai un falecido e investígase se outras dúas persoas mortas teñen relación co coronavirus.

Joan Guix, secretario de Saúde Pública, explica que se detectaron xa "vinte casos positivos en total, dos que oito son profesionais; estamos falando de positivos por coronavirus. Desgraciadamente, detectamos tamén, e transmitimos o noso dó aos familiares, un exitus, que estaba na unidade de coidados paliativos, polo tanto tiña asociada unha patoloxía grave".

Noticias web

12/03/2020