CRTVG

Buscar

Bronce para Okutu, que quedou a 23 centímetros de Eusebio Cáceres

Publicado o 21/02/2021 14:34

Medalla de bronce para Jean Marie Okutu no campionato de España de pista cuberta. O atleta marinense realizou un salto de 7 metros 68 centímetros no seu mellor intento, unha marca que non lle permite revalidar a medalla de ouro conseguida o ano pasado en Ourense. Okutu chegaba á competición acreditando unha marca de 7,77 esta temporada. A primeira praza no podio foi para Eusebio Cáceres, cun salto de sete metros 91 centímetros.



 

Noticias web

21/02/2021