CRTVG

Buscar

A crise do coronavirus provoca a cancelación dos voos á China da compañía British Airways

Publicado o 29/01/2020 09:23
A crise do coronavirus provoca a cancelación dos voos á China da compañía British Airways

British Airways suspende todos os seus voos a Shanghai e Pequín, dúas cidades que distan uns mil quilómetros de Wuhan, epicentro do coronavirus.

A liña aérea británica cancela os voos previstos e ademais deixa de vender billetes de maneira indefinida.

British Airways toma esta decisión pola súa conta pero detrás poderían ir outras moitas compañías, comezando polas norteamericanas.

A Casa Branca estuda suspender enlaces aéreos coa china desde os EUA. Algunhas liñas aéreas como Delta ou United Airlines xa tiveron que suspender algúns voos ante a cancelación de boa parte dos billetes.

En consonancia, tamén cadeas hoteleiras como Marriott ou Inter Continental (do grupo Holyday Inn), entre outras, ofrecen cancelacións de reservas sen custo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí