CRTVG

Buscar

Brillante triunfo de España, a un paso da Euro 2022 feminina

Publicado o 24/10/2020 12:14

Motivos para a alegría na selección española feminina. Cun triunfo máis estarán na Eurocopa de Inglaterra de dous mil vintedous.

Aínda non se chegara ao primeiro minuto cando Esther González abriu o marcador cun remate de cabeza. España sabía que cun triunfo recuperaba a primeira posición do grupo e deixaba a Eurocopa a un só paso.

O primeiro tempo diante da República Checa foi asoballador e con goles de fermosa factura. Rivalizaron tres xogadoras do Barcelona por marcaren o mellor tanto do partido. Patri Guijarro fixo o 2-0.

Aitana Bonmatí o terceiro e Alexia Putellas o cuarto cun extraordinario lanzamento dende fóra da área. España encamíñase cara o cuarto europeo da súa historia.

Noticias web

24/10/2020