CRTVG

Buscar

Brigadas de voluntarios eliminan eucaliptos en montes de toda Galicia

Publicado o 09/06/2019 19:30

Dende o primeiro deste mes e ata o día 15, brigadas de voluntarios están a eliminar eucaliptos de xeito simultáneo en diferentes montes das catro provincias. Queren reivindicar así outra xestión forestal en que esta especie alóctona teña menos presenza. Os incendios de 2017 favoreceron a expansión de eucaliptos neste monte de Melón. Hoxe arrincan os brotes para impedir que medren e se sigan espallando.

O eucalipto é unha árbore invasora, orixinaria de Australia, que representa o 18 por cento da superficie forestal de Galicia.

Esta é unha das 25 brigadas deseucaliptizadoras, formadas por asociacións veciñais, culturais e ecoloxistas, que de xeito simultáneo están eliminando tocos en toda Galicia, ao tempo que piden outra xestión forestal.

Haberá voluntarios traballando ata o día 15, na primeira edición da deseucaliptización conseguiran eliminar 200.000 pés de eucaliptos e acacias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2019