Bridge e Iocale son as novas facianas do Liceo 2018-2019
Publicado o 09/08/2018 15:23
O Liceo volve ao traballo. A intención dos coruñeses é pelexar por todos os títulos esta temporada. Por iso reforza o cadro de xogadores coa incorporación de dous talentos arxentinos, Brigde e Iocale. Con todo, non se descarta unha terceira chegada.
Dúas promesas arxentinas, Facundo Bridge e Fabricio Iocale, son as apostas do Liceo para o novo curso, no que prima a continuidade.
Con só 19 anos, Facundo Bridge é unha das grandes esperanzas do hóckey arxentino.
A eles aínda podería engadirse unha fichaxe máis trala marcha de César Carballeira ao Reus. O Liceo xa roda pensando, coma sempre, en volver loitar por todo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí