CRTVG

Buscar

O Parlamento británico vota hoxe unha prórroga para saír da Unión Europea

Publicado o 14/03/2019 10:46

Cando faltan só 15 días para a data que marca o calendario para abandonar definitivamente a Unión Europea, o parlamento británico volve pisar o freo. Hoxe aprobará, case que con total probabilidade, unha petición dunha prórroga da data saída. A votación chega despois de que onte mesmo, e por unha marxe escasísima de só catro votos, a cámara dos comúns rexeitase que o Reino Unido abandone pola brava o club comunitario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019