CRTVG

Buscar

Ábrese o prazo para solicitar o bono de alugueiro social, que se amplía a seis anos

Publicado o 11/01/2019 22:10

Desde hoxe e ata o 13 de decembro estará aberta esta nova convocatoria que prevé un incremento de 25 euros mensuais nas axudas para responder á suba dos prezos dos alugueiros. O bono segue financiando deste xeito o 50 % do prezo dos alugueiros que non superen os 450 euros mensuais, e a súa duración, ata agora dun período máximo de tres anos, duplícase.

O ano pasado beneficiáronse destas subvencións preto de 200 familias, entre elas as afectadas por incendios ou pola explosión da pirotecnia de Tui. Persoas en situación de especial dificultade, como as demandadas por desafiuzamentos, ou as vítimas de violencia machista son as destinatarias do bono.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019