CRTVG

Buscar

Ábrese o prazo para solicitar o Bono Concilia deste ano

Publicado o 13/06/2019 16:12

Hoxe ábrese o prazo para que pais e nais poidan solicitar o Bono concilia, un programa da Xunta para axudar no pago das prazas en gardarías privadas a familias con fillos sen praza nas escolas públicas.

Poderán beneficiarse nenas e nenos de ata 3 anos das cidades e as súas áreas de influencia. Este ano amplíase a convocatoria ata o 31 outubro para familias con adopcións, nacementos ou acollidas fóra do prazo ordinario. Tamén se amplía para nenos nacidos en decembro de 2018 ou xaneiro deste ano escolarizados en centros privados, que xa non terán que solicitar praza previamente nunha escola pública. As axudas oscilarán entre os 45 e os 250 euros ao mes.


 

Noticias web

13/06/2019