CRTVG

Buscar

Ábrese o prazo para pedir as axudas da Xunta ao alugueiro para persoas en situación vulnerable pola pandemia

Publicado o 06/04/2021 20:51

Desde este martes está aberto o prazo para solicitar as axudas da Xunta ao alugueiro para persoas en situación vulnerable a causa da pandemia. Para ser beneficiario hai que acreditar estar en desemprego, ERTE ou redución de xornada como consecuencia da pandemia e que esa situación provocara unha mingua substancial dos recursos económicos.

As axudas serán de ata 500 euros mensuais durante un máximo de 6 meses. A Xunta destinará a estas achegas 2 millóns de euros.

 

Noticias web

06/04/2021