CRTVG

Buscar

Ábrese o ano xudicial en Galicia co reclamo dun plan de dixitalización

Publicado o 29/09/2017 14:50

Esta mañá celebrouse na Coruña o acto de apertura do ano xudicial en Galicia.
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, dixo no seu discurso que resulta incoherente que un poder do Estado se vexa lastrado por carencias organizativas, estruturais ou de medios, empezando, engadiu, polo número de xuíces profesionais.

Pola súa banda, o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, sinalou que é necesario continuar avanzando nas reformas para a axilización da xustiza co obxectivo de conseguir un proceso penal máis rápido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2017