CRTVG

Buscar

Ábrese a campaña da centola en Pontevedra e na Coruña

Publicado o 13/11/2017 14:19

A lonxa de Cambados prepárase para recibir as primeiras descargas de centolas e bois de mar. Habilitan un espazo amplo porque os que andan no mar xa anunciaron que veñen cargados.

Na confraría do Grove, referente na campaña da centola, saíron ao mar unhas setenta embarcacións. Vía telefónica, o patrón maior confírmanos que esta primeira xornada está resultando mellor que a dos dous anos anteriores, e agarda que siga sendo así de aquí ao Nadal porque este ano houbo pouco polbo, o maior depredador da centola. Así e todo, as capturas dependerán tamén das condicións atmosféricas.

En canto aos prezos, agardan que non baixen dos 20 euros, no caso das femias. 

A campaña comezou nas provincias de Pontevedra e A Coruña, aínda que en Ribeira, por exemplo, só saíron un par de embarcacións. En Lugo comeza o 3 de decembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2017