CRTVG

Buscar

O Breogán, preto da permanencia tras gañarlle ao Unicaja

Publicado o 22/04/2019 10:03
O Breogán, preto da permanencia tras gañarlle ao Unicaja

Victoria lexionaria dos de Tito Díaz que non deixaron de crer en todo o partido e foron facendo a goma cuarto a cuarto contra un Unicaja ao que finalmente venceu a fe na victoria dos lugueses. Escrito nos libros está. O primeiro cuarto, rematado con igualdade deu a medida de todo o partido e os andaluces tiveron que faxarse para levantar dous parciais, 6-0 e 10-0, do Breogán.

Xa no segundo cuarto as triplas de Brown e Redivo foron clave para ir levando o marcador en vantaxe e, malia a reacción de Unicaja, acabar o tempo un arriba, 31-30. Un mate de Alec Brown e unha tripla de Ray McCallum conseguiron levar ao seu equipo a unha vantaxe de sete puntos por riba que obrigou a unha reacción rápida de Casimiro dende a banqueta para evitar o cataclismo. Man de santo porque dúas triplas de Wiltjer e unha canastra de Roberts semellaban pechar o cuarto para os visitantes. Non foi así e Lofberg puxo o 51-49 a prol do Breo para entrar no último cuarto. Volveu repetirse a alternativa no marcador e no momento decisisivo con 55-59 no electrónico os de Tito Díaz non se entregan callando os mellores minutos do partido: 64-60 e reacción de Unicaja tras vérense os andaluces con parcial en contra de 11 a 1.

De nada lles valería por canto a aparición de McCallum nos momentos decisivos, e aquel o foi con dúas triplas, desnivela o marcador definitivamente a favor dos da casa que agora, reciben un impulso dobre: a victoria contra Unicaja e verse fóra do descenso con nove victorias, unha menos que Gran Canaria e Estudiantes. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2019