CRTVG

Buscar

Breogán e Obradoiro asinan unha xornada perfecta

Publicado o 11/02/2019 17:19
Breogán e Obradoiro asinan unha xornada perfecta

En baloncesto tivemos unha fin de semana perfecta. E todo na antesala do derbi, do Obradoiro-Breogán, que será o vindeiro 2 de marzo. A esa cita chegarán os dous equipos cos deberes feitos. O Breogán derrotou a Murcia arroupado por un Pazo espectacular. 7 vitorias suma o Breogán. Murcia queda con 5. E o Obradoiro rompeu outro valado: gañou por vez primeira na Fonteta, na pista de Valencia Basket. 

Era unha final e como tal se viviu no Pazo. Prevíase un encontro igualado, e así foi. Con moitos nervios, e así foi. Lezkano pedíralles aos seus xogadores que non se desconectasen do partido en ningún momento e non o fixeron. A balanza inclinouse polo rebote que dominou o Breo claramente, nesa forma intelixente que reclamaba o adestrador de compensar a calidade física do Murcia. E ademais no Pazo apareceu unha figura, a de Volodymyr Gerun, MVP da xornada, para gañar o partido e deixar a Murcia a dúas vitorias vendo os postos de descenso con menos vertixe.

Natxo Lezkano, adestrador do Cafés Candelas Breogán: "Non creo que sexa nada decisivo, pero si que o feito de verte abaixo desde o punto de xista psicolóxico pode afectar".

Xa veremos se ao Murcia lle afecta, pero desde logo os do Breo collen moral para afrontar o que queda que será xa á volta desta parada de febreiro.

E o primeiro o derbi ante Obradoiro quen está no mellor momento da temporada despois de gañar o Valencia na súa cancha, nunha pista que ata o de agora tiña vetada en ACB. A Copa do Rei chega cun Barça consolidado no liderado. Nesta ocasión desfíxose do Fuenlabrada, que a pesar da derrota deixounos unha das canastras das xornada.

O Madrid levou o gran partido da fin de semana ante o Baskonia, en que Ayon colocou tapóns coma este. Os madridistas agardan o Estudiantes para o derbi que veremos na Copa. Os do Ramiro, van de menos a máis e chegan nun gran momento de forma.

Dominique Sutton, de Burgos, estase a converter nun fixo das xogadas máis espectaculares. E o Unicaja, por segunda semana, cunha canastra sobre a bucina, nesta ocasión despois de catro pases, déixanos a xogada da xornada que vale un partido.

Noticias web

11/02/2019