CRTVG

Buscar

Breogán e Marín fallan no último partido da primeira volta na Leb Ouro

Publicado o 11/01/2020 13:04

Tropezo do Breogán no partido co que remataba a primeira volta, na súa pista e diante de Almansa (85-86). Malia un gran inicio de partido no que demostrou ser moi superior ao seu rival (25-14 no primeiro cuarto), o conxunto breoganista non demostrou a solidez que debe ter un aspirante ao ascenso e permitiu que o seu rival se fose metendo no partido. Ao último cuarto chegouse con empate a 65 e nuns minutos finais cheos de alternativas o triunfo acabou caendo do lado visitante. Soluade tivo un tiro para gañar o partido a menos de cinco segundos para o final pero errou o lanzamento. O Leche Río Breogán finaliza o primeiro treito da competición con 11 vitorias, a 3 do ascenso directo.

O Marín Peixegalego tampouco lle puido ofrecer un triunfo á súa afección e perdeu contra o Alacante (65-97). Nun primeiro tempo de gran acerto ofensivo por parte dos dous equipos o equipo marinense conseguiu aguantar a un dos potentes da categoría (45-47 ao descanso). Máis o parcial do terceiro período resultou demoledor (6-22) co que o partido quedou sentenciado. Marín remata a primeira volta como o último clasificado con só dúas vitorias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2020