O Brasil supera os 105.000 mortos e Bolsonaro volve defender a súa xestión da pandemia
Publicado o 14/08/2020 08:50
O presidente do Brasil, Jair Bolsonaro, volveu defender a sua xestión da pandemia, malia que é o segundo páis máis afectado polo virus, despois dos Estados Unidos. Superou os 105.000 mortos e hai máis de 3 millóns douscentos mil contaxiados. O colapso dos camposantos obriga a improvisar tumbas en moitos lugares.
Bolsonaro tamén volveu xear polémica e desafiar a comunidade científica internacional ao asegurar que é a proba viva da eficacia da cloroquina contra o coronavirus, un tratamento que desaconsella a OMS. O presidente brasileiro dixo que moitas da vítimas poderían salvarse se fosen tratadas con este composto.