CRTVG

Buscar

O Brasil extradita o autor do masacre de Atocha, o ultradereitista García Juliá

Publicado o 06/02/2020 21:38

Mañá chega a Madrid un dos autores da matanza de Atocha de 1977, extraditado dende o Brasil. O ultradereitista español Carlos García Juliá saíu hoxe de São Paulo, onde levaba un ano preso despois de estar 25 fuxido da xustiza. En 1980, Juliá foi condenado como un dos autores do masacre en que foron asasinados tres avogados, un estudante de Dereito e un secretario.

Noticias web

06/02/2020