CRTVG

Buscar

Brasil autoriza a extradición de Carlos García Juliá, un dos autores da matanza de Atocha

Publicado o 14/08/2019 13:30

Brasil autoriza a extradición dun dos autores da matanza de Atocha. Carlos García Juliá foi detido en decembro en Sao Paulo, onde vivía baixo unha identidade falsa. Fuxira da xustiza española tras obter a liberdade condicional no 91, logo de pasar 14 anos na cadea. Antigo militante de Fuerza Nueva, foi un dos autores do masacre terrorista no que foron asasinados tres avogados laboralistas, un estudante de Dereito e un administrativo, en Madrid en 1977. Foi condenado en 1980 a 193 anos de prisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019