Branca Villares, investigadora da violencia nas coplas tradicionais: "Vale todo con tal de preservar o legado? Hai que ter en conta o texto e o contexto e iniciar un debate"
Publicado o 09/04/2021 17:36
O Proxecto Consonante propón unha revisión do cancioneiro popular desde unha perspectiva de xénero. Recompilaron coplas que fan apoloxía da violencia machista e crearon unha performance colectiva. A través de aulas, charlas ou obradoiros en escolas traballan as relacións de respecto e de sexualidade sa.