CRTVG

Buscar

Brais recoñece que con Rafinha a súa titularidade "está en risco"

Publicado o 11/09/2019 14:27

Tres xornadas de Liga do Celta: unha derrota co Real Madrid, unha vitoria ante o Valencia e un empate co Sevilla.

"Hai sempre que mellorar, pero quizais temos que ter máis calma, saber levar mellor os encontros e sobre todo ter máis acerto na finalización", sinala Brais Méndez. 

Zona de finalización con Aspas, Santi Mina, Denis Suárez. Operación retorno. Tamén Pape. Tamén Rafinha.

"Encántame porque a xente que chegou sabe o que é o club, coñece a casa e sente as cores", afirma Brais, que terá un plus de competencia coa presenza de Rafinha.

"A competencia é boa porque nos fai mellores a todos", aínda que recoñece que coa calidade de Rafinha a súa titularidade "está en risco".

Este Celta é un equipo con grandes retos. Quere volver a Europa. O domingo, na cuarta xornada, chega a Balaídos o Granada.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019