CRTVG

Buscar

Brais Méndez traballa con normalidade en Afouteza

Publicado o 13/10/2021 19:54

Brais Méndez adéstrase xa con normalidade ás ordes de Coudet. Hoxe completou a bo ritmo a sesión de adestramento canda o resto do grupo en Afouteza. Nas próximas horas podería recibir a alta médica ao estar totalmente recuperado da escordadura no nocello dereito.

Peor prognóstico ten Renato Tapia. A esgazadura muscular na coxa dereita que sufriu coa súa selección manteno aínda afastado do grupo e sen data de recuperación.

Noticias web

13/10/2021