CRTVG

Buscar

Brais Méndez substitúe o lesionado Pedri na convocatoria de Luis Enrique para a Liga das Nacións

Publicado o 01/10/2021 15:56

O xogador do Celta Brais Méndez substitúe o lesionado Pedri na lista de Luis Enrique para a final a catro da Liga das Nacións.

O futbolista mosense xa estivera citado coa selección na burbulla paralela previa á Eurocopa, e na ventá internacional de setembro.

Incorporarase o luns ás Rozas para preparar a semifinal do mércores 6 ante Italia en San Siro.

"É unha competición moi bonita, imos con ilusión, por que non gañala?", declarou Brais.