Brais Méndez: "Non podemos falar de decepción cando vimos de anos tan duros, pero non podemos volver caer niso"
Brais ten a alta médica, pero Renato Tapia non ten data de volta. É unha baixa clave nunha posición comprometida.
Brais: "Renato é un xogador moi importante porque abrangue moito campo e somos cinco xogando arriba. É moi, moi importante a súa posición".
Contra o Sevilla o Celta quere retomar o pulso da liga. Brais cre que se pode aspirar a Europa pero sen esquecer a traxectoria recente.
Brais: "Falar de decepción cando vimos de anos tan duros... creo que hai que ter os pés na terra. O dos últimos anos non pode ser unha referenza para nós. Non podemos volver caer niso pero como te deixes ir ou non deas cambiado a dinámica vas sufrir".
Brais asumiu con naturalidade a súa suplencia ante o Cádiz, un toque de atención de Coudet.
Brais: "Falou comigo e entendino perfectamente. Como dixo el, ata me veu ben para mirar desde fóra e aprender".
Decpcionante foi a súa lesión xusto antes de poder xogar unha final coa selección española.
Brais: "Foi duro porque traballas para premios así e era un momento bonito. Deron a cara a máis non poder e teríame gustado estar alí".
Polo menos a parada da liga axudouno a recuperarse sen perder ningún partido co Celta e estará ante o Sevilla.