CRTVG

Buscar

Brais Méndez: "Esta é a miña casa e estou moi contento, a renovación irá resolvéndose"

Publicado o 11/09/2019 18:18

Brais deixa todo nas mans dos seus representantes. Brais finaliza a súa relación co Celta en 2021. A súa cláusula é de vinte e cinco millóns de euros. Cre Brais que todo se vai resolver favorablemente.

Tres xornadas de Liga. Unha derrota co Real Madrid, unha vitoria ante o Valencia e un empate co Sevilla. Zona de finalización con Aspas, Santi Mina, Denis Suárez. Operación retorno. Tamén Pape. Tamén Rafinha.

Un plus tamén de competencia para Brais. Si. Pero cando se recupere da lesión, a súa competencia será Rafinha e a titularidade de Brais periga.

Competencia no ataque dun equipo con grandes retos.

Estar arriba é falar de Europa. O domingo, cuarta xornada e chega a Balaídos o Granada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019