CRTVG

Buscar

Brais Méndez e Santi Mina, positivos do Celta en covid-19

Publicado o 12/08/2020 22:11

O Celta inicia os adestramentos con Pione pero sen o Touro, Mor nin Jozabed

Dous xogadores do Celta deron positivo nos tests de covid-19 que lles practicaron o pasado sábado, antes de comezar a pretemporada. Eses dous xogadores contaxiados son os galegos Brais Méndez e Santi Mina. Ambos os dous foron apartados e están confinados nas súas casas. Ningún dos dous ten síntomas. Mañá someteranse a unha nova proba da Liga e o sábado, a unha da Xunta. Para poder volver deberán dar negativo en dúas PCR.

Esta tarde, o Celta iniciou os adestramentos na Madroa, onde tampouco estiveron nin o Touro nin Emre Mor nin Jozabed.

Noticias web

12/08/2020