CRTVG

Buscar

Brais Méndez, convocado para a selección

Publicado o 09/11/2018 09:57

Ten 21 anos. Natural de Mos. Saíu da canteira do Santa Mariña. E fichou no Celta. Pasou por xuvenís e polo filial. Brais Méndez é o protagonista do día. 28 artidos en Primeira Division. Dúas temporadas. Tres goles. Os dous últimos de maneira consecutiva. Eibar e Betis. Luis Enrique valora o seu rendemento. Convocado para o dobre compromiso con Bosnia, amigable, e Croacia, oficial.

Luis Enrique anunciou esta convocatoria con sobres e cromos. No sobre do Celta había sorpresa.

Esta é a convocatoria de Luis Enrique. Vinte e catro futbolistas. Xunto a Brais estarán Aspas, Jonny e Rodrigo, formados no Celta. Outras novidades son o regreso de Jordi Alba, a chamada a Mario Hermoso, central do Español, e a Fornals, centrocampista do Vilarreal. E Llorente da Real Sociedade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2018