CRTVG

Buscar

Brais Méndez incorpórase de urxencia á selección española

Publicado o 07/06/2021 17:38

• A baixa de Busquets fixo que Luis Enrique se decidira a chamar o centrocampista vigués para adestrarse co grupo que prepara a Eurocopa

O caso Busquets co seu positivo pola COVID-19 precipitou os acontecementos na selección española. Luis Enrique decidiu chamar catro xogadores para traballar nunha burbulla paralela e estar dispoñibles no caso dalgún problema. Un deles é o canteirán do Celta Brais Méndez. Outro o exxogador do Ureca e do Celta Rodrigo Moreno. Tamén entran nesa relación Pablo Fornals e Carlos Soler.

Brais completou unha gran temporada no Celta, sobre todo desde a chegada de Coudet co que se converteu nun dos eixes do ataque celeste anotando 9 goles. 

Brais debutou co filial con só 17 anos demostrando ser unha das perlas da canteira celeste e no primeiro equipo converteuse nun habitual con 20 anos cando Unzué non dubidou en apostar por el. Luis Enrique, que xa o coñecía desde xuvenil no Celta, apostou por el e fíxoo debutar na selección española. 

Noticias web

07/06/2021