CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Brahms morreu en Viena un 3 de abril de 1897

Publicado o 03/04/2018 17:02

As "Catro cancións serias" interpretadas ao trombón de varas. Unha das últimas obras de Johannes Brahms.

Estes "lieder" estaban inspirados na súa propia enfermidade, un cancro de fígado que acabou coa súa vida, e tamén pola morte de Clara Schumann, a pianista e compositora, viúva de Robert Schumann, amiga e confidente, e quizais o seu amor platónico.

Brahms morreu en Viena tal día coma hoxe, un tres de abril de 1897, aos 64 anos. Nesta cidade, na que vivía dende 1863, é onde estreara obras coma Un Requiem Alemán, coa que acadou sona en toda Europa. Sucesor de Beethoven, pianista, en Brahms clasicismo e romanticismo mestúranse nunha música sen concesións ornamentais, preocupada pola estrutura interna, a antítese de Wagner.
Foi soterrado xunto a Beethoven e Schubert, dous músicos que admiraba.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

03/04/2018