Bradaric, reforzo do Celta para a medular
Publicado o 27/01/2020 14:34
Filip Bradaric, foi presentado esta mañá. O mediocentro balcánico, de 28 anos, pertence ao Cagliari italiano, pero procede do Hadjuk de Split, onde xogaba como cedido.
O acordo co Celta inclúe unha opción de compra cando remate a temporada.
Milorad Ratkovic, da secretaría técnica do Celta, afirmou que Bradaric "ten boa técnica e capacidade creativa".