Bóveda: "A mochila que estabamos cargando era a máis pesada que levei na vida"
Eneko Bóveda ten un antídoto contra a euforia. Propón andar con coidado: "Se miramos agora a clasificación sen contar todo o que foi este ano, estariamos falando dunha posición perigosa, unha mala posición, lonxe dos nosos obxectivos"
O lateral busca o punto medio emocional: "Non vou dicir medo, pero conténdonos un pouco, tampouco quero vivir nunha montaña rusa tan de extremos".
Recoñece, iso si, que o equipo descargou moito peso: "A mochila coa que estabamos cargando era a máis pesada que levei na miña vida".
E valora o equilibrio acadado con Fernando Vázquez: "O equipo parece que atopou esa medida entre o que é o respecto ao rival e a confianza no equipo. Estamos a xogar coa humildade xusta e necesaria para competir"
Con ela buscará a sétima vitoria dun 2020 redondo