CRTVG

Buscar

Bottas acada a pole no Gran Premio 70 Aniversario

Publicado o 08/08/2020 18:48

Abrimos bloque de motor cos adestramentos oficiais do Gran Premio 70 Aniversario de Fórmula Un.

No mesmo escenario de hai unha semana, o circuíto de Silverstone, os resultados pouco tiveron que ver. Desta volta, Valtteri Bottas logrou a pole por menos dunha décima de segundo sobre o seu compañeiro Lewis Hamilton. Tralos dous Mercedes, Nico Hulkenberg logrou situar o seu Racing Point na terceira praza. Mal día para Carlos Sáinz, quen sairá desde a decimoterceira praza da grella de saída co seu McLaren.

Noticias web

08/08/2020