CRTVG

Buscar

Botín e López Marra, terceiros na Princesa Sofía, despois das primeiras 9 regatas

Publicado o 04/04/2019 21:53

Imos agora coa cuarta xornada da Regata Princesa Sofía Iberostar, que estes días de disputa en Mallorca. Unha xornada irregular para Jordi Xammar e Nicolás Rodríguez en 470, que malia un mal inicio conseguen manter a sexta praza na xeral.

Diego Botín e Iago López Marra completaron a súa particular remonta e subiron ao terceiro caixón do podio provisional dos 49er. O equipo cántabro-galego arrancou cun primeiro posto e continuou cun sétimo e un segundo nas seguintes mangas do día. Iago López destacou o valor da proba con vistas aos próximos Xogos Olímpicos.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019