CRTVG

Buscar

Botín anuncia un acordo para evitar a quebra de Dia

Publicado o 20/05/2019 21:20
Botín anuncia un acordo para evitar a quebra de Dia

Supermercados Dia sálvase do concurso de acredores. O principal accionista, o ruso Mikhail Fridman, chegou a un acordo in extremis co banco de Santander para refinanciar a debeda do grupo empresarial.

Era a máis importante pero tamén a última das 16 entidades acredoras que lle quedaba por convencer para garantir a supervivencia da cadea de supermercados. Deste acordo depende o futuro de 43.000 empregados, 3.000 franquiados e un milleiro de provedores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019