CRTVG

Buscar

Botellóns masivos e unha festa clandestina en Lugo

Publicado o 08/03/2021 13:03

Aínda están visibles os restos do botellón que se montou o sábado pola tarde nas costas do parque lugués de Rosalía. A Policía local tivo que acudir ante as numerosas chamadas de veciños que alertaban da presenza de ata 200 mozos e mozas que mesmo provocaron liortas entre eles.

Boa parte dos implicados fuxiron do lugar ao chegar os axentes, deixando moreas de lixo por toda a contorna. Algo que molesta fondamente os usuarios que acuden pasear polo parque.

Os axentes acudiron tamén o barrio da Ponte logo de que se detectara unha festa clandestina pasadas as doce da noite nun local de hostalería. O dono negouse a abrirlle a porta a policía pero os participantes foron identificados e propostos para sanción segundo ían saíndo do local. O dono, que é reincidente, enfróntase a unha posible multa de 60.000 euros.

Noticias web

08/03/2021