Botan pintura sobre unha ducia de coches aparcados en Vigo
Publicado o 24/05/2021 13:31

Novo acto de vandalismo no barrio vigués do Calvario. Unha ducia de coches que estaban aparcados na rúa Aguia apareceron este domingo con manchas de pintura branca na carrocería e nos cristais.
Esta mañá quedaban pegadas do feito nalgúns coches e na beirarrúa dos impares, que foi por onde actuou o estragador. Isto lembrou a moitos residentes da zona as falcatruadas do coñecido como Palilleiro, o octoxenario que metía pauciños nas pechaduras dos vehículos e raiaba os coches.