CRTVG

Buscar

Botan o peche as festas do balcón do barrio de Monelos, na Coruña

Publicado o 11/05/2020 14:25

Así comezaba Iván Posse, o veciño que animou o confinamento en Monelos, a súa intervención número cincuenta e oito noutros tantos días, a que anunciou como a última no barrio. Unha despedida moi concorrida nas ventás, e máis do previsto na rúa, ao coincidir coa hora habilitada para os paseos. Un evento que incluíu homenaxe e agasallos a sanitarios e forzas de seguridade antes baixar o pano.

O animador considera que, despois de tantos días de emoción desde as ventás, nada é o mesmo no barrio.

Foi unha xornada de alta temperatura sentimental, en que o propio Posse recibiu o recoñecemento dos seus veciños e veciñas, e unhas destas amosou os seus dotes para a canción.

Noticias web

11/05/2020