CRTVG

Buscar

Botan na Guarda un volanteiro tradicional de principios do s. XX

Publicado o 05/10/2019 22:05

Día de celebración tamén na Guarda, onde a Asociación de Embarcacións Tradicionais Piueiro botou o seu volanteiro. Este tipo de barco, desaparecido a principios do século XX, foi un dos máis representativos da vila mariñeira xunto á gamela.

Financiado grazas ao apadriñamento e amadriñamento de pezas, ten unha vela de máis de cen metros cadrados. A construción, que duron máis de dous anos, correu a cargo do estaleiro guardés de Minxos.

Javier de la Gándara, regatista vigués padriño do volanteiro: "Son 12,20 metros de eslora e é un barco desaparecido en 1903, 1904, con pouco arquivo documental. Por iso penso que é o proxecto máis ambicioso e o barco máis grande de todos os que se reconstruíron".

Celso Rodríguez Fariñas, da Asociación de Embarcacións Tradicionais Piueiro: "Por este barco en construción pasaron xa máis de 600 nenos e nenas. Fixeron aulas e obradoiros. Agora queremos que siga igual. Que empecen as persoas maiores para que a cultura mariñeira non se perda".

 

Noticias web

05/10/2019