Botan en Vigo un dron mariño que axudará a controlar a calidade das aguas
Publicado o 23/11/2020 20:21
A pandemia obrigou a atrasar a botadura desta nova embarcación non tripulada. É o resultado do traballo conxunto de empresas e centros de coñecemento para mellorar os servizos públicos, neste caso pensada para controlar a calidade da auga.
Este dron mariño leva un sistema de toma de mostras e un laboratorio portátil para facer as análises. Todo sen necesidade de tripulantes a bordo.
Industrias Ferri construíu o primiero dron mariño do país hai catro anos, o máis grande e potente de Europa, e que agora xa usan a Garda Civil e a Armada Española.
Máis sobre Vigo
21/01/2021 15:18