CRTVG

Buscar

Bota a andar en Lugo a primeira aceleradora aeronáutica galega

Publicado o 24/05/2019 18:57

Xa está en marcha a primeira aceleradora aeronáutica galega. Cinco empresas van desenvolver proxectos de investigación e desenvolvemento vencellados ao polo aeronáutico de Rozas, en Lugo. 

Tres empresas galegas, unha valenciana e outra madrileña van comezar a traballar xa nas instalacións da Business Factory Aero de Lugo. Trátase da primeira aceleradora aeronáutica de Galicia e o obxectivo é desenvolver os proxectos que as empresas presentaron ao Polo Aeronáutico Tecnolóxico de Rozas. O uso de drons para revisar aeroxeradores, a propulsión con células de combustible de hidróxeno no canto de baterías, reducir o peso dos compoñentes das aeronaves ou crear un dron convertible son algunhas das iniciativas.

"O investimento máis cuantioso por proxecto de Europa. Con axudas a fondo perdido de ata 100.000 euros por iniciativa na fase de incubación. E, ademais, e isto seguro que é o máis importante, os proxectos van contar coa infraestrutura que ten o Polo".

Conde lembrou que o sector aeronáutico galego aumentou a súa facturación nun 2,5% e que dá emprego directo a 1.200 persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019