CRTVG

Buscar

Bota a andar un Liceo renovado que non rebaixa a súa ambición

Publicado o 08/08/2019 19:34

Estes son os irmáns Grau. E estoutros, os irmás Di Benedetto. Catro das seis fichaxes do novo Liceo teñen lazos de sangue.

"Parece que fai graza, pero isto quere dicir que somos bos xogadores, que estamos nun grande de Europa, o Liceo, e creo que temos que demostralo na pista", di Carles Grau.

Pola súa banda, Roberto di Benedetto sinala que "o ano pasado en Lleida eramos dous pares de irmáns. Para formar equipo penso que é mellor".

A eles engádense os arxentinos Oruste e Platero, e clásicos coma Dava Torres ou Josep Lamas. Xa que logo, máis da metade do Liceo é novo. Unha revolución controlada que non rebaixa as expectativas, segundo sinala o adestrador Juan Copa:

"Non van cambiar os obxectivos. Trouxemos xogadores de presente, pero tamén de futuro, que é o importante, pero xa con xogadores que están acostumados a xogar finais e a xogar por loitar polos títulos e non pode ser doutra maneira".

Os novos terán que facer esquecer os clásicos Edu Lamas, Carlo di Benedetto, Xavi Malián ou Sergi Miras, reclutados polo poderoso hóckey portugués.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019