CRTVG

Buscar

Bota a andar o tren turístico da ruta da lamprea no Baixo Miño

Publicado o 12/08/2017 13:55

Con el poderase coñecer a gastronomía e tamén os recursos culturais e artísticos da zona

Coñecer a gastronomía e os recursos culturais e artísticos do Baixo Miño xa é posible grazas ao tren turístico da ruta da Lamprea. Hoxe, case medio cento de persoas participaron na súa viaxe inaugural. 

Partiu puntual ás once e media da mañá dende a estación de tren de Tui. Previamente os participantes desta nova ruta achegáronse ata a Catedral deste municipio. Na súa viaxe haberá varias paradas obrigadas. En Salvaterra do Miño e por suposto Arbo onde coñecerán a pesca da Lamprea o seu paso polo río Miño e Tea.

Acompañando os viaxeiros na súa inaguración estivo a directora de Turismo, Nava Castro quen valorou moi positivamente a gran acollida destas rutas e a gran resposta que as mesmas están tendo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017