CRTVG

Buscar

Bota a andar o servizo 24 horas de Hemodinámica en Ourense

Publicado o 03/02/2020 14:55

Hoxe entrou en funcionamento o servizo 24 horas na Unidade de Hemodinámica de Ourense. Durante as noites e fins de semana haberá equipos de garda para que as urxencias non teñan que desprazarse a outros hospitais.

Polo día, a actividade nesta unidade de hemodinámica de Ourense segue sendo a mesma. Intervencións programadas, como a que lle están realizando a este paciente ingresado en planta, e algunhas urxencias por infartos agudos de miocardio, que representan entre o 10 e o 12 por cento dos casos.

Saleta Fernández Barbeira, Cardióloga da Unidade de Hemodinámica: "Eses necesitan un cateterismo urxente para confirmar o diagnóstico e para arranxar o problema, sacando o cuágulo que obstrúe e poñendo un estent para estabilizar o problema".

Estes son os casos que se beneficiarán do servizo de 24 horas, xa que non terán que trasladarse a outro hospital.

Saleta Fernández Barbeira, Cardióloga da Unidade de Hemodinámica: "Antes non é que quedaran sen atender, senón que se trasladaban á unidade de Vigo. Agora somos nós os que nos desprazamos a Ourense para dar ese servizo".

Un equipo de garda de tres persoas ocuparase das intervencións.

Noticias web

03/02/2020